A vivenda, un ben social? proxéctase na Deputación o vindeiro martes

O documental ‘A vivenda, un ben social?’, patrocinado polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG), e que contou coa subvención da Deputación da Coruña é unha peza audiovisual que dirixiu a traballadora social lucense Sagrario Fernández. A parte técnica foi desenvolvida por Xosé Bocixa. A peza, pioneira na súa temática, aborda o dereito a un fogar digno en Galicia desde a ollada do Traballo Social. Na película, achéganse testemuñas de persoas usuarias e de profesionais dos servizos sociais, así como de académicos e políticos. Varias das testemuñas que aparecen na peza son, precisamente, de Lugo.

A proxección será o vindeiro martes, 1 de setembro ás seis e media da tarde no Salón de Actos da Deputación de Lugo e, tras o visionado, haberá un coloquio ao que asistirán os codirectores, Sagrario Fernández e Xosé Bocixa asemade contarase con Carme Figueiras, presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Lugo. O evento é aberto e de balde.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com