A Xunta saca a licitación hoxe o proxecto de urbanización de dúas novas fases de obras (VI e VIIB) que supoñen 352.153 m².
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou esta mañá o incremento nun 28% da superficie do polígono industrial das Gándaras ata chegar a 1.600.000 m².
Este polígono conta con dous accesos coa Ronda Norte, coas rúas Aller Ulloa, Ramón María (antes rúa A) e Cardóniga Carro, Rafael (antes rúa C) e a conexión co polígono industrial a través de dous pasos elevados co Polígono de o Ceao. A ampliación anunciada hoxe establece unha nova conexión co polígono do Ceao, conectando co paso elevado sobre a vía do ferrocarril na terminal de mercancías na marxe noroeste, o que permite á súa vez un acceso máis directo a autoestrada A6. Ademais, mellórase a seguridade da conexión coa estrada a Muxa xa que se resolve cunha rotonda a súa conexión.
O futuro desenvolvemento da urbanización que se saca a licitación, permite ter unha disposición escalonada do solo para atender a demanda presente e futura, de xeito que mentres se rematan as obras das fases que xa están executándose, xa se comeza a tramitación das novas fases que posibilitarán que As Gándaras non deixe de medrar.