O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias Rodríguez e polo Director Territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez Álvarez, formalizou no día de hoxe 11 convenios do Plan de Patrocino dos equipos de alta competición de Galicia para o exercicio 2015 da Fundación Deporte Galego, correspondentes aos equipos da provincia de Lugo.
En total, a sinatura desta tarde supón un investimento de 257.994,25 euros que irán destinados aos seguintes equipos: Club Baloncesto Breogán S.A.D. Baloncesto 34.304,71, Club Porta XI C.B. Baloncesto 33.254,42 Club Perruquería Mixta Friol Fútbol 19.163,40, C.D. Burela F.S. (masculino) Fútbol Sala 42.797,48, C.D. Burela F.S. (feminino) Fútbol Sala 38.974,46, Club de Hockey Feminino Meigas Hóckey Liña 4.421,36, Club Patíns Lóstregos Lucus Hóckey Liña 4.407,68, Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial (masculino) Tríatlon 10.426,17, Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial (feminino) Tríatlon 11.867,12, Club Emevé (masculino) Voleibol 27.657,73 e Club Emevé (feminino).
Na presente edición, o plan están dotado con 2.420.000 euros, un 26% máis que no pasado ano, tendo por destinatarios a un total 111 equipos galegos.
Neste orzamento, ABANCA,patrocinadora oficial do plan logo do contrato subscrito coa Fundación o pasado mes de febreiro, fai unha achega de 726.000 euros, como parte do compromiso subscrito pola entidade financeira que destinará, no marco da presente colaboración, máis de 3,6 millóns de euros nos cinco anos de duración do contrato coa Fundación.
Todos os equipos patrocinados teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas nas que a competición de máximo nivel desenvólvese na categoría absoluta en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e/ou sistema de ránking/clasificación por equipos.