A Xunta busca prorrogar un ano máis o Plan de Transporte Metropolitano de Lugo

A Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou hoxe a cidade de Lugo para manter unha xuntanza co fin de prorrogar un ano máis o plan de Transporte Metropolitano de Lugo no que participan 9 Concellos e que establece descontos que poden supór ata 900 euros ao ano nun viaxeiro recorrente. Segundo asegurou Ethel Vázquez, este plan de transporte no que a Xunta inviste 145.000 euros ao ano, supón aos usuarios uns descontos do 70% nos billetes dos usuarios e o 100% daqueles menores de 18 anos que teñan a tarxeta Xente Nova.

A conselleira destacou tamén as facilidades que outorga este plan aos usarios e que demostra “a aposta do goberno autonómico por un transporte público de calidade que axude a desconxestionar o tráfico”.

Intermodal

Neste eido, a Conselleira tamén fixo un chamamento ao goberno local lucense para que aclare por qué aínda non deu a súa conformidade á Xunta e ao Ministerio sobre o convenio asinado en marzo para a Estación Intermodal. Para Ethel Vázquez o goberno local “non lle dá prioridade” a este tema.

Pola súa banda, e ante estas afirmacións da conselleira, o goberno local afirmou esta mañá que son eles quen están á espera de que a Xunta lles remita unha documentación que quedaba pendente no Convenio, e que se lle solicitou nos últimos días. O voceiro municipal, Miguel Fernández, insistía hoxe na “máxima colaboración” que o Concello de Lugo está a ter neste senso coa Xunta e o Ministerio pero, recoñece que “hai que facer as cousas da maneira correcta”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com