A Xunta comezará a abrir as Casas do Maior no rural da provincia a partires de xullo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou hoxe que nun breve periodo de tiempo abrirán as primeiras casas do maior na provincia de Lugo, coas que a Xunta “implanta un novo servizo fundamental no medio rural, como son os centros de día de atención ás persoas maiores en situación de dependencia”.

Balseiro participou hoxe na xornada de portas abertas da casa do maior de Cervantes, que xestiona a cooperativa Entelequia e ten previsto iniciar a súa actividade no prazo dun mes. Tamén están xa ultimando os trámites para a apertura outras tres casas do maior na provincia, dúas nas Nogais e unha en Portomarín.

As casas do maior son unha experiencia pioneira que pon en marcha este ano a Consellería de Política e Social á imaxe das casas niño, que tan bo resultado están a dar polo que supoñen de ampliación de servizos e oportunidades no rural, tanto laborais como de conciliación.

Esta nova medida ratifica a aposta da Xunta por desenvolver recursos de proximidade que permitan aos veciños e veciñas ser atendidos na súa contorna, con todas as garantías de seguridade e calidade esixibles, servizos que habitualmente só se ofrecían nos municipios máis grandes.

Así, Balseiro confía en que tamén as casas do maior se vaian consolidando e estendendo a outros puntos da provincia en próximas convocatorias. O único requisito é que se instalen en concellos de menos de 5.000 habitantes que non conten cun servizo similar.

As casas do maior están financiadas integramente pola Consellería de Política Social e, polo tanto, non teñen ningún custo para os usuarios. Nelas atenderase a un máximo de cinco persoas, todas elas maiores de 60 anos e con dependencia moderada ou severa. O servizo funcionará durante un máximo de oito horas diarias, de luns a venres e con flexibilidade horaria.

Cada un dos adxudicatarios recibe un máximo de 15.000 euros para afrontar as reformas necesarias no local elixido para prestar o servizo, e tamén unha prima anual de 19.600 euros. O convenio ten unha vixencia inicial de cinco anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com