A Xunta considera que as residencias de Pol e Trabada, neste momento, son de SUPLUSA

O O Deputado non adscrito e responsable de SUPLUSA, en funcións, Manuel Martínez, ven de enviar un comunicado no que explica que a solicitude que fixo a Deputación ao  RUPESS ( Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais) da Xunta de Galicia para cambiar a titularidade de catro centros pertencentes a SUPLUSA en Pol e Trabada, está en suspenso por mor dun contencioso entre este organismo e A Deputación pola  titularidade dos centros.

A Xunta no seu escrito anuncia que, “ O transcurso do prazo máximo legal para resolver un procedimento e notificar a resolución poderase suspender nos seguintes casos: (…) g/cando para a resolución do procedemento sexa indispensable a obtención dun previo pronunciamento por parte dun órgano xurisdicional, dende o momento en que se solicita,  ata que administración teña constancia do mesmo, que tamén deberá serlles comunicado”

Martínez tamén indica que  as instalacións de  Castroverde están na mesma situación, pero que no escrito do organismo da Xunta non se  fai mención a elas xa que, “non ven porque non o pediron porque o alcalde non entrou neste xogo.., e de SUPLUSA; o que certifica que están de okupas”

Así que, de momento, haberá que agardar  a que o xulgado emita o seu fallo no contencioso –administrativo presentado por SUPLUSA contra a Deputación de Lugo, para saber a que pertencen os devanditos centro, pero  iso xa será na vindeira lexislatura.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com