A Xunta constrúe unha pista de pádel cuberta e de balde en Guntín

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), destinou preto de 47.700 euros á construción dunha pista de pádel cuberta promovida polo Concello de Guntín. A achega concedida, que foi xestionada polo do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da comarca de Lugo, supón o 70% do orzamento total (uns 68.000 euros).

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, visitou as instalacións para comprobar o resultado das obras acompañado da alcaldesa, María José Gómez Rodríguez, e do presidente do GDR, José Ángel Santos, entre outras persoas.

Esta iniciativa permitirá poñer á disposición da cidadanía tanto de Guntín como dos concellos limítrofes unhas instalacións cunha superficie de 200 metros cadrados para a práctica do pádel, cuxo uso será de acceso libre e gratuíto. O mantemento das instalacións será a cargo do Concello e prevese que as persoas usuarias poidan empregar os aseos e vestiarios existentes no pavillón municipal de Guntín, situado na mesma parcela.

Balseiro apuntou que este é un dos proxectos non produtivos impulsados ao amparo da medida Leader, que buscan “sumar servizos nos concellos da nosa provincia para contribuír a que sexa cómodo e atractivo asentarse no medio rural”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com