A Xunta crea dúas novas unidades de Educación Infantil en Lugo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten previsto habilitar dúas novas unidades para o vindeiro curso académico 2015-2016, que cubrirán a demanda tanto na zona sur como na zona norte da cidade, unha no CEIP As Mercedes e outra no CEIP Casás.

En ambos casos as aulas cumpren os requisitos pertinentes para desenvolver este cometido, xa que o cumprimento destas condicións foi un dos aspectos que condicionaron e determinaron que foran eses os centros escollidos para proceder á ampliación.

Esta medida adoptouse ante o incremento da demanda de prazas en educación infantil e para dar resposta ás inquedanzas formulada polos propios pais e nais neste sentido, e despois de terse mantido varias reunións con eles, nas que tamén participaron inspectores, representantes da dirección do centro das Mercedes e da unidade técnica da consellería de Educación.

Dende a Consellería insisten en salientar que en todo momento buscouse unha solución de consenso, tecnicamente viable e con garantías de seguridade para todos e que, por descontado, dera resposta á demanda existente na zona sur da cidade. Engaden que dado que as previsións non son de que a matrícula se incremente en anos sucesivos, nestes momentos non se contempla a posibilidade de construír un novo centro de ensino.

Dende a Xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, afirman que non recibiu a día de hoxe ningunha solicitude por escrito do CEIP As Mercedes para empregar o espazo do comedor para outras funcións diferentes a asignada. No caso de que esta petición se formule, será valorada, como todas as que se reciben, atendendo á lexislación vixente.

No que atinxe a Secundaria, non existe ningún problema de prazas e, de feito, todos os alumnos que a solicitaron poderán ser escolarizados sen ningún problema.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com