O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, destacou hoxe “a importancia de dar visibilidade ás persoas que teñen a súa autonomía limitada, co obxecto de que teñan o protagonismo que lles corresponde na sociedade e para que todos tomemos unha maior conciencia das barreiras de todo tipo que aínda hoxe teñen que superar”. Díxoo na apertura da VI Convivencia de persoas maiores xordas de Galicia celebrada no albergue xuvenil Lug2.
De la Campa destacou “a colaboración que a Consellería de Política Social mantén coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), organizadora deste encontro, co obxectivo de mellorar a calidade de vida desta poboación”.
O director xeral tamén sinalou a aposta do Goberno galego por continuar co traballo conxunto coas entidades que traballan co estes colectivos.
Set 14, 2019 - 09:17 PM
Sí , sí , precioso el comentario , y populachero la intención , después muchos mueren antes de ver un céntimo del dinero designado a la ley de dependencia .