A Xunta de Galicia autoriza un parque eólico situado entre os Concellos de Begonte, Friol e Outeiro de Rei

A Xunta de Galicia aprobou hoxe a instalación de tres parques eólicos en Galicia que suporán un investimento de máis de 115 millóns de euros. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, destacou, que  “a Xunta segue así a impulsar a reactivación do sector eólico en Galicia, posto que considera que é unha das súas grandes potencialidades para afrontar o actual escenario enerxético” .

Un dos parques eólicos está situado entre os municipios de Friol, Begonte e Outeiro de Rei. Feijoo sinalou que “contempla un investimento de máis de 20 millóns de euros e estará composto por sete aeroxeradores que, cunha potencia de 21 megavatios, producirá o equivalente ao consumo anual de máis de 15.600 fogares galegos”.

Os outros dous parques eólicos aprobados hoxe, estarán situados, un en A Golada e o outro en A Cañiza e Covelo.

Segundo apuntou Núñez Feioo, “nos tres casos, suporá unha importante fonte de financiamento para estes concellos, que poderán beneficiarse da recadación obtida do canon eólico. En toda Galicia, xa se levan recadados máis de 114 millóns de euros destinados aos municipios a través deste gravame”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com