A Xunta de Galicia destinará 1,1 millóns a mellorar instalacións de servizos sociais da comarca de Lugo

Estas actuacións  forman parte do plan de obras da Consellería de Política Social, que ten como finalidade aumentar o confort e benestar das persoas usuarias dos centros públicos de servizos sociais, así como incrementar a eficiencia enerxética dos mesmos.

A intervención de maior calado é a reforma integral do centro de menores de Santo Anxo da Garda, emprazado en Rábade. Os traballos, que teñen un orzamento de máis de 900.000 euros, consistirán na renovación da envolvente exterior da edificación, así como a mellora das aulas, habitacións e demais instalacións. Ademais de mellorar a comodidade dos residentes, visitantes e persoal do centro, os traballos aumentarán  a eficiencia enerxética, algo que beneficiará ao medio ambiente e permitirá reducir o gasto necesario para manter o inmoble a unha temperatura óptima.

Ademais disto, tamén se poñerán en marcha actuación de renovación nas instalacións dos centros sociocomunitarios da provincia lucense. A estas obras dedicaranse 200.000 euros do programa que desenvolverá a Xunta de Galicia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com