A Xunta de Goberno acorda a adxudicación dun novo paquete de obras de pavimentación de rúas da cidade

A Xunta de Goberno acordou este mércores a adxudicación dun novo paquete de obras de pavimentación de rúas da cidade, neste caso de 6 vías por valor de 364.000€. Deste xeito, en menos de tres meses, o Goberno leva adxudicado melloras en 31 rúas e estradas do municipio por valor de preto de 2 millóns de euros.

As actuacións adxudicadas hoxe, os importes e as empresas adxudicatarias son os seguintes:

– Rúa Mar Cantábrico. 57.000€. Empresa Hordescon SL.

– Rúa Margarida. 69.190€. Excavaciones Goni SL.

– Tramo Colexio de Albeiros-Ronda Norte. 66.472€. Lancer Proyectos y Obras SL.

– Tramo Ronda Norte-Duquesa de Lugo. 81.078€. Hordescon SL.

– Rúas Mercado de Frigsa. 80.872€. Mauri e Hijos SL

– Rúa Magnolia. 8.675€. Asogal.

O prazo de execución destas seis actuacións é dun mes. Comezarán despois das festas do San Froilán para minimizar os problemas de tráfico.

Doutra banda, e tamén relacionado con infraestruturas, a Xunta de Goberno aprobou adxudicar as obras de ampliación da rede de abastecemento no núcleo de Meilán, que conta cun orzamento de 128.000 euros. A adxudicataria é Construcciones Ponciano Nieto SL e o prazo de execución das actuacións é de dous meses e medio.

Prórroga contrato de xestión recadatoria

Aprobouse prorrogar por un ano o contrato correspondente á prestación dos servizos complementarios e de colaboración á xestión recadatoria municipal en período executivo, para a xestión administrativa e a recadación das multas de tráfico, de colaboración na xestión en materia de inspección e colaboración na xestión en materia catastral, asinado entre o Concello de Lugo e Tribugest Gestión de Tributos SA no ano 2011. O importe desta prórroga por un ano é de 212.748€.

Pía Paxaro e Monte Adairo

O Voceiro municipal informou de que a Xunta de Goberno acordou impoñer unha penalidade de 1.877,45€ á adxudicataria das obras de mellora da rede de saneamento nas rúas Monte Adairo e Pía Paxaro por falta de colaboración para facer efectivas as facultades de dirección, inspección e supervisión da obra. Aprobouse así mesmo resolver o contrato con esta empresa, concluíndo así o expediente aberto a mediados de agosto, tamén aprobado en Xunta de Goberno.

A resolución do contrato prodúcese en base a informes técnicos e debido aos seguintes motivos:

– O incumprimento do prazo de execución das obras, estipulado en 3 meses no contrato. Os traballos deberan estar rematados o 28 de febreiro deste ano. Concedéronse tres prórrogas, a última con data límite do 31 de xullo, sen que a obra estea rematada. A día de hoxe está executada toda a parte do saneamento e abastecemento de ambas rúas. O que falta é a pavimentación.

– A reiterada obstrucción ou falta de colaboración para facer efectivas as facultades de dirección, inspección e supervisión das obras.

– O impago a provedores e subcontratistas para a execución da obra. Unha vez concluído este proceso de resolución do contrato, o Concello retomará de inmediato o proxecto con medios propios para rematalo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com