A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobou a contratación de mellora de acceso a tres parroquias do Concello de Lugo, Tirimol, Adai e Bocamaos. Todas as obras terán un prazo máximo de execución dun mes.
Outro dos acordos adoptados foi a aprobación da área de rexeneración e renovación urbana do Centro Histórico de Lugo. Este acordo permitirá a realización das obras de mellora da accesibilidade e dos servizos en tres lugares emblemáticos do Casco histórico de Lugo como son a Praza Maior, a Praza de Pío XII e a Praza da Soidade.
Asemade tamén se informou da apertura do procedemento de adxudicación da obra correspondente ó paseo interior da Muralla no treito de Vía Romana, creando un novo espazo urbano ao carón do monumento.
En relación co Plan Urban, tamén se autorizou o incremento no prazo de execución das obras de ampliación das obras de rehabilitación do espazo urbano da Calella do Hospital e Carril do Son. Durante as obras, desfíxose parte dun muro que tivo que ser reconstruído para poder seguir coa obra orixinal e que motivou o retraso da mesma.
Colexio Sagrado Corazón
O Voceiro do Goberno Local tamén informou, que xa se iniciou o expediente de expropiación das tres parcelas nos terreos que albergarán a construción do novo colexio do Sagrado Corazón.