A Xunta de Goberno Local aproba o convenio coa Deputación provincial para dotar de alumeado ao paseo do río Rato

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou de que a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o convenio coa Deputación provincial para dotar de alumeado o paseo do río Rato. En virtude deste convenio, a Deputación executará a obra e o Concello farase cargo do posterior mantemento e consumo de enerxía.

Luis Álvarez tamén informou de que o Goberno local aceptou o depósito da escultura do Cristo Redentor, obra de Francisco Asorey, por parte da Deputación, de maneira que a escultura permanecerá no mausoleo na que está instalado no Cemiterio de San Froilán.

Álvarez informou de que a Xunta de Goberno Local tomou coñecemento hoxe do acordo coa Deputación provincial que entrega esta peza de mármore en concepto de depósito voluntario ao Concello. Este acordo coa Deputación produciuse unha vez que a comunidade hereditaria do mausoleo cedeu os dereitos de uso do mesmo para fins culturais ao Concello.

A Xunta de Goberno Local tamén acordou sacar a contratación as obras de instalación do novo alumeado en Recatelo, Cedrón del Valle, Vila de Sarria, Plácido Rei Lemos, Xeral Tella, Carril de Recatelo e Cidade de Viveiro, cun presuposto de licitación de 19.848 euros, e a avenida dos Deportes (entorno do Anxo Carro) cun prezo máximo de 44.730 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com