A Xunta destina 512.000 euros a talas e e rozas cinco estradas autonómicas da provincia

A Xunta de Galicia está a executar labores de retirada de árbores e rozas nas marxes de cinco estradas da rede autonómica da provincia: O corredor Nadela-Monforte de Lemos, a LU-530 en Castroverde, e na Mariña a VAP da Costa, a LU-540 (Viveiro-Cabreiros) e a LU-862 (Ferrol-San Cibrao).

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explica que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina un orzamento de 512.600 a estes traballos, que executa a través dunha encomenda á empresa pública Seaga. Actúa en trece treitos situados nos concellos de Lugo, O Corgo, O Incio, Bóveda, Viveiro, Ourol, Xove, O Vicedo e Castroverde. En total, suman 26,7 quilómetros.

Os labores consisten na retirada de árbores e arbustos situados nas franxas de dominio público das estrada, fundamentalmente nos taludes. Seleccionáronse os tramos en base á abundancia e características da masa vexetal, co obxectivo de reducir os riscos en caso de incendios e mellorar a seguridade viaria.

Neste sentido, Balseiro explicou que “o efecto cortafogos das estradas depende de que haxa a suficiente distancia entre o arborado de ambas marxes. Ademais, limpando os noiros de desmonte e terraplén evítase que as árbores poidan caer na calzada en caso de temporal, ademais de mellorar a visibilidade”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Marola Canto Arena
    Abr 19, 2020 - 08:59 AM

    Muy bien, pero también deberían de vigilar la tala de pinos para plantar eucaliptos, y que por lo menos respeten las distancias con las casas, caminos y tendidos eléctricos.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com