A Xunta discrimina ás Pemes no Polígono de As Gándaras

Varios directivos de empresas de Lugo estanse a queixar polo trato, que dispensa a Consellería de Infraestruturas e Vivenda ás Pemes que teñen intención de instalarse no Polígono Empresarial de As Gándaras, pero que non o poden facer, por mor de as condicións que impuxo a Consellería que dirixe, Ethel Vázquez, que van no sentido de favorecer a grandes empresas, discriminando a Pemes e Autónomos.

Hai dúas semanas o Secretario Xeral do Partido Popular de Lugo, facía unhas declaracións onde aseveraba, “que a Xunta reforza os incentivos á instalación de empresas ofertando 304.167,91 metros cadrados na provincia de Lugo” e continuaba “O novo plan de solo bonificado vai dirixido aos futuros titulares destas parcelas que poderán beneficiarse dun primeiro ano de carencia (durante o que non pagarán nada) e dunha sensible rebaixa nos anos posteriores xa que o canon anual por metro cadrado oscilará tan só, entre os 38 céntimos e os 2,287 euros, ata un máximo de 30 anos”.

Pero o que non explicaba o Sr. Balseiro, ou descoñecía, era que só poden optar a estes solo empresarial en aluguer, as empresas que invistan 8 millóns de euros ou creen vinte postos de traballo. Os empresarios declararon a Xornaldelugo que habería que preguntarlle á Conselleira de Infraestruturas e Vivenda porque discrimina a emprendedores que poderían crear en, cada empresa, dous, cinco ou sete postos de traballo.

Haberá que lembrarlle á Sr. Vázquez as palabras que día si e día non, pronuncia o Presidente do Goberno, Sr. Rajoy, no sentido de que quen crea emprego neste país son os Autónomos e as Pemes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com