A Xunta eliminará o tapón urbanístico da rúa Fisterra

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade encargará o proxecto técnico da obra de eliminación do tapón urbanístico da rúa Fisterra, na cidade de Lugo, iniciativa para a que reserva un orzamento estimado de 86.700 euros.

Así o avanzou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, nunha xuntanza solicitada a instancias da asociación de veciños de Albeiros, na que representantes deste colectivo veciñal interesáronse pola solución técnica proposta para garantir a seguridade peonil nese espazo.

A actuación consistirá en eliminar unha zona de estreitamento da calzada, na que tamén se corta a beirarrúa, como consecuencia da presenza dun inmoble industrial hoxe sen uso. A Xunta demolerá esa edificación e o muro de contención contiguo, para dar continuidade á rúa coas mesmas características que o resto da vía.

A estrada LU-114 discorre integramente no termo municipal de Lugo. Ten o seu inicio na avenida da Coruña e remata nun acceso á ronda Norte, actual nacional 640, a través do que se acceso ao polígono industrial de As Gándaras. Presenta dous treitos diferenciados: a rúa Monte Faro e a rúa Fisterra.

Balseiro avanzou que unha vez se dispoña do proxecto técnico que acaba de ser encargado, procederase á licitación e adxudicación da obra, que en todo caso esixirá acometer as expropiacións que sexan precisas para garantir a plena execución destes traballos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com