Persoal da Delegación Territorial de Lugo fixo entrega das chaves e da documentación deste edificio.
A infraestrutura ten preto de 20.000 m2, que se distribúen en distintas salas: a principal, con capacidade para 900 espectadores, e unha destinada á celebración de conferencias e concertos, con capacidade para 300 persoas, así como lugares para actividades teatrais, escola de música e mediateca, entre outros equipamentos. No que se refire á organización funcional destas instalacións,
constan os seguintes niveis:
Nivel -1: alberga o aparcadoiro con 153 prazas. Nivel 0: a cota inferior da Avenida Magoi e con acceso directo dende ela, nel sitúanse a área de exposicións e congresos, control e seguridade e acceso principal ao aparcadoiro.
Nivel 1: a cota superior da avenida, na que se sitúan os escenarios das dúas salas con acceso directo a cota para carga no escenario principal e camerinos da sala menor. A área administrativa sitúase neste nivel.
Nivel 2: a cota do xardín, acolle o acceso directo ás salas, acceso ao área de congresos e un acceso independente á cafetería a través do miradoiro. Neste nivel o vestíbulo lineal convértese nun miradoiro continuo coa dobre transparencia cara ao xardín e cara á Avenida.
Nivel 3: nesta planta sitúase o restaurante e área restrinxida así como os lucernarios e dobres alturas do vestíbulo. A área de congresos desenvólvese neste nivel e localizadamente nos niveis 3 e 4.
A cafetería e restaurante organízanse en dous niveis e teñen un posible acceso independente a través do xardín ademais da conexión co vestíbulo no nivel 2. Dispón dunha terraza miradoiro exterior e no nivel 3 a área de uso restrinxido pódese vincular ao restaurante.
Xuñ 24, 2020 - 05:24 PM
Esto es tipico en Lugo , Las zarzas, parece que es Patrimonio de la Umanidad
Xuñ 24, 2020 - 11:31 AM
Como se ve a xunta o entrega en perfectas condiciones de acondicionamiento.
Las vallas de obra molan.
Ese es el respeto que tiene a lugo el PP.
Para alguns moito chove. Ata cando lles mexan por riba
Xuñ 23, 2020 - 08:13 PM
Tremenda información. Máis ben desinformación