A Xunta financia as obras de abastecemento de auga ao núcleo de Ouviaña

 A Xunta de Galicia destinou ao Concello de Ribeira de Piquín unha achega de 40.970 euros para executar as obras que permitirán dotar de subministración municipal de agua ao núcleo de Ouviaña.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza aporta a totalidade do orzamento desta actuación.

As vivendas deste lugar sérvense na actualidade de traídas independentes conectadas a un depósito común, que está deteriorado e que non cobre as necesidades da poboación. O proxecto prevé a construción dun depósito de 70 metros cúbicos e a instalación dunha nova condución do abastecemento de auga que garanta a prestación dun bo servizo á veciñanza.

A actuación proxectada beneficiará a 15 domicilios e 4 explotacións gandeiras. Prevese que a rede de abastecemento teña unha acometida por vivenda, de xeito que están proxectadas 15 acometidasTamén está prevista a instalación e conexión coa rede de abastecemento de 2 arquetas de toma para a captación de agua, xa que a que hai na actualidade atópase en mal estado, e 3 bocas de rego.

Balseiro subliñou que o Goberno galego “continúa a desenvolver medidas para potenciar e apoiar a prestación de servizos por parte dos concellos galegos” mediante a concesión de subvencións directas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com