A Xunta financiará 14 obradoiros de emprego en 32 concellos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará a posta en marcha de 14 obradoiros de emprego que implican a 32 concellos da provincia de Lugo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, informou hoxe da resolución, por parte do Consello da Xunta, da convocatoria de axudas dirixidas a concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes para a posta en marcha destas iniciativas.

Os beneficiarios recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade.

Dos 14 obradoiros que se porán en marcha na provincia, 12 deles serán duais, cunha duración de 9 meses. Ademais, desenvolveranse dous talleres de garantía xuvenil, un en Lugo -‘Atrium Tic’– e outro en Ribadeo –’Doc Tic III’, dirixidos especificamente a mozos e mozas menores de 30 anos. Estes últimos terán unha duración de 6 meses e os participantes deben estar inscritos e en situación de beneficiarios no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da comunidade autónoma.

O inicio dos obradoiros duais está previsto para o mes de novembro. En canto aos talleres de garantía xuvenil, en ambos casos xa se atopan na fase de selección de persoal e comezarán en breve.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com