A Xunta financiará programas de acción voluntaria de nove entidades da provincia

A Consellería de Política Social publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da orde de axudas destinadas a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que nesta provincia hai nove beneficiarios: Asociación Cultural Xaquedrum, Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña; Asociación Raiolas-Lugo; Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo – Cogami Lugo; Fundación Juan Soñador; Asociación Juvenil y Cultural Ateibo (vinculada ao movemento xuvenil Salesiano); Alume Saúde Mental; Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada e Aspnais de Lugo. Todas as achegas suman un importe total de 17.750 euros.

As áreas de actuación que deben ter as iniciativas que obteñen apoio a través desta orde son as seguintes: sensibilización, para difundir entre toda a sociedade a importancia e o valor da participación solidaria; formación, para a modernización e adaptación permanente das entidades de acción voluntaria á realidade social; e coordinación, para impulsar o traballo en rede entre as diferentes asociacións.

O importe máximo por subvención é de 4.000 euros, ou o 75% do orzamento total do proxecto presentado, para financiar proxectos desenvoltos entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro deste ano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com