A Xunta inicia as obras de restauración do cubo XXXI da Muralla

A Consellería de Cultura e Turismo deu comezo ás obras de restauración do cubo XXXI da Muralla de Lugo, situado á altura da rúa Clérigos. A actuación conta cun orzamento de 142.000 euros e o prazo máximo de execución será de dous meses. 

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe a zona e explicou que os traballos corrixirán a filtración de humidades e as patoloxías que provocou a acumulación de auga nos muros interiores neste punto. 

Para elo, procederase á escavación manual arqueolóxica do adarve e a escaleira ata a cota orixinal romana, e á impermeabilización da estrutura para posteriormente repoñer en condicións óptimas os muros e petos. 

Así mesmo, a intervención permitirá seguir afondando na investigación arqueolóxica do monumento. Realizaranse catas coa finalidade de definir o trazado orixinal do cubo romano e documentarase a escaleira exhumada, incluíndo o levantamento topográfico e fotogrametría 3D.

Balseiro subliñou que a Xunta exerce unha protección “constante e exhaustiva” da Muralla, con labores diarias de mantemento e con intervencións de restauración que se suceden de forma continua. Neste sentido, lembrou que recentemente veñen de rematarse as obras no cubo VII -á altura da porta do Bispo Odoario-, nas que se investiron 273.400 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com