A Xunta inicia os traballos de roza en estrada da súa titularidade na Mariña e Terra Chá

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, está a realizar estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de máis de 30 vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria. En Lugo, estas obras, que comezarán o luns, levaranse a cabo nas estradas LU-862, entre O Vicedo e Viveiro, e na autovía AG-64, entre Vilalba e Xermade. Tamén continuarán a vindeira semana as tarefas xa iniciadas nestas últimas semanas nas marxes de estradas autonómicas da comarca da Terra Chá.

O traballos céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, co fin de previr incendios forestais. Tamén se acometen rozas para completar a conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario, ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas, pensando no incremento de uso que experimentan nesta época estival.

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com