A Xunta insiste na súa aposta polo Barrio da Residencia

A Xunta de Galicia insistiu onte no Parlamento a súa aposta polo Novo Barrio da Residencia de Lugo e polos distintos usos que terá este complexo, ao tempo que instou ao Concello de Lugo a colaborar e non poñer atrancos co obxectivo de iniciar as obras no menor tempo posible. O Conselleiro de Facenda, Valeria Martínez confirmou que a Xunta mantén o compromiso anunciado por Feijóo no pasado ano para o antigo Xeral, pese a anulación dos acordos de retrocesión deste espazo.

O titular de Facenda explicou que a Xunta deixou sen efecto a retrocesión dunha parte dos terreos a instancias do Goberno central para realizala nun momento posterior, xa que isto permitirá axilizar e simplificar os trámites necesarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com