A Xunta de Galicia informa que a partir de hoxe entrega material de protección contra o COVID-19 ao concello de Lugo. Con esta nova achega, elévanse a máis de 46.000 as unidades de protección subministradas ao municipio da capital dende o comezo da crise sanitaria, entre elas 28.000 guantes, 17.500 máscaras cirúrxicas e 575 máscaras FFP2″.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que nesta ocasión “remítense ao concello 7.200 unidades: 3.500 guantes, 3.500 máscaras cirúrxicas, 115 máscaras FFP2, 58 traxes, 30 pantallas faciais e 30 batas”.
Estes elementos están destinados especialmente para uso do persoal municipal que continúa prestando servizos básicos, como os traballadores sociais, Policía Local ou transporte público, entre outros.
Tamén a Deputación de Lugo por boca do seu presidente José Tomé, informa de que este martes se desenvolveu, a través do persoal do Parque Móbil, “un novo reparto de material de protección fonte ao Covid-19 nos catro centros de atención a maiores de titularidade provincial. Entregáronse 11.500 unidades, que se repartiron de maneira proporcional seguindo os informes técnicos do servizo de Benestar Social nas residencias de Trabada, Pol, A Fonsagrada e Ribadeo “aos usuarios e usuarias das residencias e para o conxunto do cadro de persoal que traballa nelas. Por centros, cada un deles recibiu 1.000 mascarillas cirúrxicas, 300 mascarillas FFP2, 60 mascarillas FFP3, 900 calzas, 600 gorros e 2 xeles hidroalcólicos de 1 litro”.
“Con esta nova remesa de material queremos que tanto os profesionais que coidan dos nosos maiores, como os propios maiores estean protexidos e poidan afrontar esta situación correndo o mínimo risco posible”, explica o Presidente.
Este é o cuarto envío de material de protección que a Deputación de Lugo realiza aos centros de atención a maiores da súa titularidade durante o estado de alarma. Materiais que complementaron aos que xa se entregaran con anterioridade,
Abr 30, 2020 - 04:09 PM
Sin tempo non era.