A Xunta licita as obras de restauración da Muralla

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou hoxe a licitación do contrato de obras para proceder á restauración do lenzo interior do cubo VI da Muralla de Lugo, por un importe de 179.890 euros.

As obras contan cun prazo de execución máximo de 45 días e consistirán na consolidación estrutural dos paramentos da Muralla nun tramo situado á altura da rúa Ourense e afectado por problemas de deterioro da cachotaría e a aparición de fisuras.

Os traballos obrigarán á desmontaxe de muro de mampostería de lousa, escavación manual do recheo ata acadar a cota orixinal romana, colocación de capa separadora xeotextil, e execución de muro de cachotería e do novo recheo do cubo do adarve, que se efectuará mediante o emprego da lousa encontrada no propio recheo coa menor adición, na medida do posible, de nova pedra de características similares, traída de zonas próximas.

Para a trabazón de dita mampostería empregarase un morteiro de cal e area de río de dosificación similar á orixinal romana. Todos os traballos serán supervisados por arqueólogos.

Colocarase tamén unha lámina, non adherida ó soporte, que garanta a pendente adecuada de forma que evacúe a auga para evitar que en períodos de chuvia se formen bolsas de que presionan sobre o muro da Muralla, deterioran os morteiros orixinais e aumentan o crecemento de especies vexetais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com