A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de licitar, coa publicación hoxe no portal de Contratos de Galicia, a obra de mellora da eficiencia enerxética do edificio administrativo da Xunta en Lugo, para as que reserva un orzamento de 1,9 millóns de euros.
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que, con este paso, “cúmprese a palabra dada polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, cando o pasado mes de xuño avanzaba que este mesmo verán tería lugar o inicio do proceso de contratación desta obra”.
As empresas interesadas neste contrato teñen ata o 26 de agosto para presentar as súas ofertas. O obxectivo da obra é mellorar as condicións de climatización do edificio, modernización da iluminación e renovación da envolvente térmica, o que ofrecerá un mellor confort non só para os traballadores senón tamén para os usuarios.
“Estamos a falar do principal edificio administrativo da Xunta na nosa cidade e na nosa provincia, emprazado na Ronda da Muralla. Nel traballan preto de 800 funcionarios e a el achéganse a diario moitas persoas para realizar distintos trámites e consultas”-explicou.
A intención do Goberno galego é que estas obras estean en marcha antes de que finalice este ano e que estean operativas entorno ao verán de 2020