A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de nomear a Ana Mel López nova xefa do servizo de Coordinación Cultural de Lugo, segundo anunciou o delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias.
Ana Mel é diplomada en Maxisterio -nas especialidades de Lingua Estranxeira e Educación Infantil – e licenciada en Psicopedagoxía, ambas pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten un posgrao en Dirección de Empresas E-volucionadas.
Dende o ano 2007 é funcionaria de carreira da Administración galega, onde o seu traballo sempre estivo vencellado ás áreas de educación e cultura. Nos últimos cinco anos exerceu como xefa do Gabinete de Normalización Lingüística de Lugo. No novo posto sucede a María José Gómez, quen recentemente tomou posesión como xefa territorial da Consellería.