A partir de mañá xoves día 13 de agosto a Xunta de Galicia prohibirá fumar en terrazas e na rúa senón se pode garantir a distancia de seguridade.
Esta medida foi recomendada polo comité clínico de expertos en prevención da Covid-19, por considerar que o acto de fumar supón un alto risco para a difusión do virus ao expulsar o fume. Isto foi o que anunciou o Presidente da Xunta Rodríguez Feijóo esta mañá nunha rolda de prensa en Compostela e que sairá no DOG e comezara a ser efectiva a partir de mañá en toda Galicia.