A Xunta repartiu na provincia 156 ordenadores ás familias con menos recursos

A Xunta de Galicia completou a entrega de 156 ordenadores portátiles con conexións gratuítas a Internet destinados a nenos e nenas de familias con menos recursos e que cursan Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Formación Profesional na provincia de Lugo.

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, explicou que os portátiles entréganse ás familias a través dos seus centros de ensino, grazas á colaboración dos equipos directivos.O equipamento foi distribuído entre 37 Institutos de Ensino Secundario (IES) lugueses, 12 Centros Públicos Integrados (con Educación Primaria e Secundaria) e 3 Centros Integrados de Formación profesional (CIFP).

A familias recibirán os equipos e a conectividade como préstamo persoal para facilitarlles aos seus fillos o seguimento da actividade educativa mentres dure o estado de alarma e chegarán a maís da metade dos concellos lugueses.

Cada centro recibe tres equipos con conectividade, que distribúen entre as familias atendendo á súa situación socioeconómica e priorizando o alumnado dos cursos de final de etapa que titulen (4º da ESO, 2º de Bacharelato e 2º de FP) e a aquelas familias que non dispoñan nos fogares de ordenador nin de conexión a internet.

Esta medida, que se realiza en colaboración cos operadores R, Vodafone e Orange, forma parte do paquete de iniciativas que puxo en marcha a Xunta de Galicia para facilitar o seguimento en liña da actividade educativa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com