A Xunta rexistra no Concello o proxecto de execución do CIS da Residencia

A Consellería de Sanidade rexistrou no día de onte no Concello de Lugo o proxecto técnico e de execución do futuro Centro Integral de Saúde do Barrio da Residencia, iniciativa para a que o Goberno galego reserva un orzamento de 11 millóns de euros.

Así o explicou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, quen asegurou que agarda que este trámite sirva para contar con celeridade coa licenza municipal que permitirá o inicio das obras de remodelación do edificio do antigo hospital materno infantil, para dotalo destes novos servizos sanitarios.

Balseiro explicou que, desde a administración autonómica, sempre consideraron que o proxecto básico era suficiente para contar coa autorización municipal de obras pero, en todo caso, “xa non hai escusas” e tras a correspondente supervisión técnica, decidiron presentar este documento que completa todos os detalles.

O novo Centro Integral de Saúde, o primeiro que se construirá en Galicia con estas características, agrupará nestas instalacións novos servizos sanitarios: centro de saúde, PAC-Urxencias, unidade de saúde mental, base do 061, ademais da urbanización exterior e demolición de varios edificios anexos.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. @Donatelo
    Xan 24, 2019 - 06:35 PM

    @Xunta Haber ahora cuanto tiempo lo tiene el @PSOEdeLugo guardado en un cajon o sin saber que se ha r… https://t.co/fbra4pscER

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com