Backpack with schoolbooks and notebooks. Education concept image. Selective focus

A Xunta trasladará ao domicilio de cada alumno o material escolar que deixaron nos centros

Despois de declarase o Estado de Alarma, alumnas e alumnos non puideron volver ás aulas para recoller libros e outro material que deixaron nos centros. Ante este feito, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que serán axentes medioambientais voluntarios os encargados de achegar este material aos domicilios das alumnas e alumnos. Para interesarse por esta fórmula as familias terán que contactar telefonicamente cos seus centros, que se encargarán de coordinar coa Delegación territorial a recollida e reparto.

A Xunta habilitou esta fórmula para facilitar que todo o alumnado que segue as clases a distancia poida recuperar o seu material de estudo. A administración autonómica busca, na medida do posible, facilitar esta xestión, evitando que as familias teñan que desprazarse ata os centros educativos.

A iniciativa porase en marcha en todos os municipios da provincia excepto no núcleo urbano de Lugo cidade (si nas parroquias do rural), ao tratarse dun entorno urbano onde é máis factible o desprazamento. Algúns colexios da provincia xa efectuaron este reparto e noutros municipios colaborou na súa distribución persoal municipal ou de emerxencias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com