A xustiza declara ilegal o Consello de Administración de SUPLUSA e os seus acordos

A Audiencia Provincial de Lugo ditou unha sentenza, dando a razón ao Goberno Provincial e declarando ilegal a composición e funcións do Consello de Administración de SUPLUSA que propuxo o PP, anulando ademais todos os acordos adoptados polo mesmo.

O voceiro do Executivo da Deputación, Álvaro Santos Ramos, apuntou que “creo que hoxe se entende porque dende o Goberno dicimos que a situación que se está a vivir en SUPLUSA é absolutamente irregular, instalada nese disparate do que o Partido Popular é o protagonista fundamental, pois foi o que propuxo as modificacións estatutarias que declara ilegais e anula a xustiza. Incluso foi Elena Candia, voceira e Presidenta provincial do PP, a que se habilitou na Xunta Xeral deste organismo para facer a inscrición dos seus novos Estatutos, desenvolver toda a súa tramitación e defendelos pola transcendencia que para ela e para o seu partido político tiña todo isto. O que vén a dicir esta sentenza é que a realidade normativa que pretendeu impoñer o Partido Popular en SUPLUSA é ilegal, e así o levamos o advertimos sempre dende este Goberno”.

“A proposta ilegal do Partido Popular e a súa defensa acérrima é preocupante, pois estamos a falar dun partido que intenta goberna facendo as normas que lle conveña para elo e ao marxe da legalidade”, remarcou Santos.

A sentenza é executiva, con independencia do recurso extraordinario de casación que se pode presentar no prazo de 20 días. Isto significa que deixan de ter validez as modificacións nos Estatutos que propuxo o PP e que se sacou adiante na Xunta Xeral de SUPLUSA do 30 de setembro de 2016. Fíxoo co apoio do Deputado non adscrito, pois contou cos votos en contra de todos os Deputados do PSOE e BNG. Volven a estar vixentes, polo tanto, os anteriores Estatutos de SUPLUSA.

Foi este acordo de modificación estatutaria de SUPLUSA o que levou a xustiza o Goberno Provincial, mantendo a súa ilegalidade. Foi a voceira e Presidenta do PP en Lugo, Elena Candia, a encargada de persoarse e defender nos tribunais a legalidade da súa proposta. A Audiencia Provincial de Lugo dá a razón ao Executivo da Deputación e tumba a proposta ilegal do Partido Popular de Candia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com