A Xustiza obriga ao Concello a admitir a catro extraballadoras da concesionaria do 010

Unha sentenza xudicial vén de obrigar ao Concello de Lugo a incluír no seu cadro de persoal a catro extraballadoras da empresa concesionaria que xestionaba o servizo de información municipal 010. A sentenza, que se emitiu o pasado 31 de marzo, recoñece o dereito das catro traballadoras a entrar na plantilla municipal, como persoal laboral indefinido, porque durante longo tempo desempeñaron as súas tarefas en locais do Concello, recibiron órdenes de persoal municipal e empregaron medios públicos.  A sentenza xudicial declarou a nulidade do despido das catro traballadoras o 20 de decembro de 2019 e a abonar os salarios que deixaron de percibir así como a obriga de readmisión polo Concello e a empresa concesionaria. 

Á vista do sucedido o Partido Popular vén de anunciar que pedirá explicacións a PSOE e BNG porque queren saber “cantas persoas traballan para o Concello en condicións semellantes ás das catro traballadoras ás que o xulgado recoñece o seu dereito a integrarse na plantilla municipal”.

Os populares acusan a PSOE e BNG de implantar un modelo de portas xiratorias para facilitar a entrada de persoal pola porta de atrás lembrándolles que “o único modo de acceder á Administración é o que se rixe polos criterios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade”. “É incomprensible que pasen estas cousas nestes momentos” preguntándose “se cadra os tempos novos que  pregonan o PSOE, co visto bo do BNG, son máis rancios que nunca”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com