Reixtro Civil

A Xustiza rexeita o recurso da xunta de persoal contra a organización de traballo na escola infantil Serra de Outes

O Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo acaba de rexeitar o recurso interposto por Manuel Cerdeira (CSIF) en nome da xunta de persoal, que pedía a anulación da circular que ordenou en marzo de 2017 a actividade das traballadoras da escola infantil Serra de Outes.

A maxistrada “inadmite” o recurso e considera que a circular da concellaría de Educación que establecía os cambios “vai dirixida a un órgano xerarquicamente dependente e está destinada a ordenar a actividade interna dos técnicos da Escola Infantil co fin de favorecer a mellor prestación do servizo”.

O xulgado tomba os argumentos do demandante ao soster que a circular non modifica a situación laboral das traballadoras xa que, por unha parte, o horario laboral (7,30 horas diarias con descansos de 30 minutos) é o que recolle a Lei 2/2012, e, por outra, os cambios de quendas “en nada afectan ás xornadas, horarios, vacacións, mobilidade… nin a outras condicións laborais” das empregadas.

Ademais, a sentenza asegura que a propia Xurisprudencia afirma que as circulares “constitúen resolucións administrativas que se engarzan no ámbito propio de organización administrativa con base no principio de xerarquía que goberna a súa estrutura cun contido e finalidade específicos en canto actos e directrices non incluibles no exercicio da potestade regulamentaria e por tanto, excluídas do recurso contencioso administrativo”.

A sentenza aclara, tamén, que a circular “limítase a reproducir a normativa legal en materia de horario e a relativa ás gravacións dos menores contida na Lei de Protección de Datos, así como a ditar normas de organización sobre os cambios de quenda e sobre o funcionamento do servizo de cociña e comedor do centro”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com