“A zona de interese” e “Slow” as novas estreas de Codex Cinema

Os cines Codex estrean esta semana os filmes “A zona de interese” e ” Slow”.

“A zona de interese”, baseada na novela homónima de Martin Amis. Do director Jonathan Glazer, un escalofriante retrato dunha familia nazi, coa que o director crea unha obra visionaria.Sinopse:  o comandante de Auschwitz, Rudolf Höss e a súa esposa, Hedwig, esfórzanse en construír unha vida de soño para a súa familia nunha casa con xardín preto do campo.

A outra estrea da semana é “Slow “, un drama sobre persoas complexas nunha situación totalmente verosímil, unha preciosa historia de amor sobre dúas persoas peculiares. Unha obra onde a súa directora Marija Kavtaradze consegue representar un tema moi banal dende unha perspectiva diferente, cun estilo sensorial e un uso excelente do diálogo.

Sinopse: Elena imparte clases de baile, mentres que Dovydas traballa como intérprete de lingua de signos. Cando se coñecen establécese un fermoso vínculo entre eles; sen embargo, a súa relación poñerase a proba cando Dovydas confesa a Elena que ten sentimentos románticos por ela pero é asexual, é dicir, non sente e nunca sentiu desexo sexual por outra persoa.

Asemade contan na súa programación coas películas: Perfect days, Fallen leaves e Anatomía dunha caída.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com