O Cafés Candelas Breogán vén de anunciar a fichaxe do xogador británico Aaron Geramipoor (Manchester, 11 de setembro de 1992). Trátase dun pívot de 2,13 e de grande envergadura e capacidade atlética, xa que tamén pode percorrer a pista xogando en velocidade. Ademais, segundo trasladaron dende o clube conta con facilidade para a anotación en posicións cercanas ao aro e bo instinto reboteador.
O interior británico formouse na Universidade de Seton Hall (NCAA) e posteriormente pasou polo equipo de CB Canarias de LEB Plata e polo Club Ourense Baloncesto na tempada en que o conxunto ourensano superou, nunha inesquecible final polo ascenso, ao que será dende hoxe o seu novo equipo, o Cafés Candelas Breogán. A pasada campaña xogou no Soles de Mexicali (Mexico-LNBP) onde pormediou 9,1 puntos e 5 rebotes.
Aaron Germaipoor incorporarase ao equipo de Natxo Lezkano nos vindeiros días.