Abel Molinero afirma que a intensidade de Milla é clave para unha preparación de alto nivel

O xogador do Club Deportivo Lugo, Abel Molinero, compareceu hoxe ante os medios de comunicación logo de completar unha grande actuación no choque disputado onte, no que conseguiu o único tanto anotado polo equipo ante a Selección AFE. Este gol reforza a confianza dun xogador que valora con seguridade a dinámica que o equipo está a adquirir, tanto a nivel de xogo, como de resultados.

Preguntado polo salto de categoría, Molinero apunta á intensidade que Milla quere imprimir nos seus xogadores como punto de partida para unha preparación acorde co alto nivel dos contrincantes que o CD Lugo terá diante na presente tempada, un camiño que arrancará no duelo fronte ao Real Oviedo.

“O míster ten moi claros os conceptos que quere traballar e mellorar, creo que o grupo o está asimilando con rapidez. A evolución é boa. Estámonos a coñecer todos, as ideas están claras no xogo. Pouco a pouco automatizamos todo e encontrámonos máis cómodos”, subliñou Molinero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com