Ana González Abelleira, edil de Benestar Social, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo, foi elexida onte no seo do PsdeG lucense como a nova secretaria xeral do partido na capital, collendo o relevo de Luis Álvarez. Abelleira impúxose nas primarias ao exconcelleiro José Luís Díaz, co que non puido chegar a acordo para presentar unha única lista. Ana González Abelleira convírtese así na primeira muller que preside o partido socialista no Concello de Lugo.
A edil de Igualdade obtivo o 56% dos votos (96) fronte aos 71 votos que conseguíu Díaz, quen era considerado un candidato máis achegado ao actuar secretario autonómico do partido, Gonzalo Caballero. Abelleira asegurou que comeza agora o seu traballo de cara “gañar” as vindeiras eleccións (en maio de 2019), e quere, dixo, “que o socialismo siga sendo un referente” na capital lucense.