Aberta a inscrición no obradoiro de envellecemento activo que coordina a Deputación na Semana Europea das Rexións

A Semana Europea das Rexións e das Cidades2020 (#EURegionsWeek), o maior evento anual de política rexional da Unión Europa, manterá aberta ata este domingo a inscrición para seguir o obradoiro que coordinará a Deputación de Lugo, xunto a outros tres socios europeos, sobre o reto europeo do envellecemento activo post Covid-19. Neste encontro, que se celebrará de maneira virtual o día 13 de outubro, abordarase a situación das persoas maiores en Europa ante a pandemia co fin de intercambiar boas prácticas, ideas, medidas e solucións que fomenten o seu benestar e a mellora da súa calidade de vida.

Xunto á Deputación de Lugo, que expoñerá a súa experiencia na atención a persoas maiores e no envellecemento activo, neste obradoiro tamén participarán a rexión austríaca de Burgerland, que analizará os coidados domiciliarios, o municipio Palaio Fairo de Grecia, que abordará o investimento nun envellecemento saudable e activo a través da dixitalización, e a municipalidade italiana de Mantua, da rexión de Lombardía,que amosará a experiencia dun laboratorio local de innovación en benestar.

No encontro pode inscribirse a cidadanía en xeral, persoal técnico e axentes do sector sociosanitario e asistencial accedendo á seguinte ligazón: https://europa.eu/regions-and- ities/programme/sessions/1598

A Semana Europea das Rexións e das Cidades 2020 celebrarase de xeito virtual entre os días 5 e 22 de outubro. Ofrecerá aos participantes máis de 500 sesións de traballo dixital durante as tres primeiras semanas de outubro en tres áreas temáticas: empoderar aos cidadáns; cohesión e cooperación; e a Europa Verde.
O programa completo desta edición e a inscrición na Semana Europea das Rexións e das Cidades pódese facer en: https://europa.eu/regions-and-cities/register
A Deputación de Lugo foi seleccionada entre máis de 6.000 candidaturas para participar naSemana Europea das Rexións e das Cidades 2020, unha plataforma de comunicación e traballo en rede que agrupa rexións e cidades de toda Europa, incluíndo os seus representantes políticos, funcionariado, e expertos e académicos. Na edición de 2019 participaron máis de 9.000 persoas.
A institución provincial propuxo neste encontro europeo a discusión dos retos comunitarios sobre o envellecemento activo e saudable ante a crise de saúde global provocada polo coronavirus, na que o colectivo das persoas maiores é o máis afectado, e no marco do compromiso da Deputación co benestar dos maiores da provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com