A Deputación de Lugo informou de que a estrada provincial que dá acceso ao núcleo do Piornedo, no concello de Cervantes, quedou aberto este venres ao tráfico tras rematar no prazo previsto dunha semana os traballos para despexar a vía do derrubamento de terras ocorrido o día 1 de xaneiro.
A institución provincial mobilizou medios humanos e técnicos dende o primeiro momento para despexar a estrada no menor tempo posible, co obxectivo de dar unha solución que garanta a seguridade viaria dos usuarios e usuarias que utilizan esta vía de comunicación. O incidente
aconteceu á altura do punto quilométrico 16,100, a uns dez quilómetros do Piornedo, quedando totalmente cortada polas pedras e a terra que se desprendeu.
A Deputación ten previsto rexenerar o firme cando as condicións meteorolóxicas melloren, xa que estes días o temporal de neve e xeo dificultan e impiden estas actuacións.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.