O vicepresidente da Deputación de Lugo, Álvaro Santos Ramos, avanzou este xoves que está aberta a solicitude para concorrer a 7 postos de traballo en 3 Concellos da Montaña do DEPUEMPREGO, o plan de emprego da Deputación nos municipios de menos de 20.000 habitantes. Todos os interesados poden presentar no Consistorio a súa solicitude para concorrer, en data, aos seguintes postos de traballo:
- Becerreá: 1 tractorista e 1 enxeñeiro técnico agrícola. O prazo remata o 7 de novembro.
- As Nogais: 1 oficial de primeira, 1 peón e 1 licenciado/a en humanidades. O prazo remata o 13 de novembro.
- Cervantes: 1 peón e 1 tractorista. O prazo remata o 7 de novembro.
A través desta programación, a Deputación financia un total de 263 postos de traballos nos 66 Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Faino con 3 millóns de euros distribuídos en base a criterios obxectivos: taxa de paro, superficie, entidades de poboación e núcleos poboacionais.
Son os municipios os encargados de elaborar as bases cada posto de emprego, así como de definir os procesos de selección. Polo tanto, para coñecer as datas de presentación de solicitude ou de celebración das correspondentes probas, os interesados deben dirixirse aos Concellos para coñecelas.
Con todo, a Deputación establece a obriga de facer primar na contratación a colectivos en risco de exclusión, como maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas con discapacidade ou vítimas de violencia de xénero, entre outros.