Abertas as inscricións de diversas actividades enmarcadas dentro do +Xti

O Concello de Lugo dende a área de Muller, Igualdade e Xuventude que dirixe Ana Gonzalez informa que a través de Prevención de Drogas e outras adiccións abrirá nos vindeiros días varios prazos de inscricións, para diversas actividades enmarcadas dentro do +Xti, unha programación organizada polo Concello de Lugo e subvencioanda polo Plan Nacional de Drogas.

Tres cursos distintos:

En primeiro lugar, un curso homologado de manexo de carretillas elevadoras, destinados a lucenses de 18 a 55 anos, empadroados en Lugo. Hai 18 prazas e a actividade ten unha duración de 15 horas. A incrición é ao longo desta semana, do 24 ao 26 ata cubrir prazas, a través do enderezo maisporti@lugo.gal,  A actividade, que é gratuíta, desenvolverase no mes de xullo, no Centro de Formación  do Transporte de Lugo (En Garabolos).

Tamén haberá un curso de educación ambiental. As inscrición realizaranse ao longo desta semana, presencialmente no terceiro andar do Uxío Novoneyra. Estas instalacións acollerán o curso, tamén gratuíto, de 10:00 a 14:00 horas, de luns a xoves, do 29 de xuño ao 14 de xullo.  Hai 10 prazas para rapaces e rapazas de 18 a 35 anos e conta cunha duración de 50 horas.

Por outra banda, está preparado un curso de reparación de móbiles e electrónica básica, Será do 1 ao 15 de xullo, tamén no Uxío Novoneyra, de luns a venres en xornada de mañá, tamén destinado a mozos e mozas de 14 a 35 anos. Conta con 10 prazas e as inscricións tamén están aberta

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com