A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Gonzalez informou da apertura de inscripcions para o curso de formación como DJ, organizado polo Concello de Lugo e subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas.
Está destinado á veciñanza de 18 a 40 anos, empadroada en Lugo. Hai 24 prazas, en dúas quendas de 12 persoas cada unha; a primeira o 17 e 18 de xullo, e a segunda, o 4 e 5 de setembro. Celebrarse na Casa da Música, en horario de tarde, e é obrigatorio o uso de mascarilla individual.
A inscrición é gratuíta, e estará aberta ata o 10 de xullo, a través do enderezo electrónico maisporti2020@lugo.gal. No asunto débese especificar Inscrición curso Dj e no texto do mail débese incluír a seguinte información: nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono, data de nacemento e grupo de preferencia ao que lle gustaría asistir.