Aberto ao tráfico o derradeiro tramo da estrada Lugo-Monforte

Hoxe quedou aberto o derradeiro tramo da Vía de Altas Prestacións entre as localidades de Lugo e Monforte, pasando polos municipios de O Corgo, Láncara, O Páramo, Sarria, O Incio e Bóveda.

O primeiro tramo entre Nadela e Sarria inaugurouse en outubro de 2012 e chegou ata a localidade sarriá de Oural. O pasado mes de outubro inaugurouse un tramo entre Bóveda e Monforte; e o tramo, aberto hoxe, é o intermedio e une o Concello de O Incio co de Bóveda.

Esta estrada que foi deseñada inicialmente como autovía para desconxestionar a vella estrada de Sarria a Lugo,  quedouse en vía de alta capacidade, polo que non deu solución aos dez mil vehículos diarios que circulan entre Lugo e Sarria. Mentres que para o tramo Sarria-Monforte a vía de alta capacidade que se acaba de rematar é suficiente na actualidade, xa que non soporta unha grande afluencia de tráfico,  si sería de grande utilidade comezar canto antes a desdobrar o tramo de Lugo a Sarria, o que máis circulación soporta, para dar un servizo de calidade aos usuarios que día a día circulan entre ambas direccións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com