Aberto ata o 5 de marzo o prazo de solicitudes para a concesión de 32 hortos urbanos municipais

A área de Transición Ecolóxica mantén aberto o prazo de solicitudes para para a ocupación e o uso temporal das parcelas destinadas a hortos urbanos sitas nas fincas de titularidade municipal anexas ao Parque dos Paxariños, na ladeira entre a ronda das Fontiñas e o paseo fluvial do Rato, a carón do barrio de Xuíz.

 O recinto conta tamén con espacios dotacionais, cunha zona de entrada, con espazo para aparcadoiro de vehículos e unha caseta de madeira, de acordo co entorno, para apeiros de labranza e material de traballo. Ademais, dispón de fontes de rega, adaptadas ao entorno, e mesas e bancos de uso público.

 Entre as normas de utilización polas que se rexen, cobran especial importancia unha serie de pautas relacionadas coa aplicación de prácticas de agricultura ecolóxica así como o predominio dos cultivos autóctonos, plantas comestibles de tradición hortícola, plantas aromáticas e tamén medicinais.

Para a concesión dos hortos abriuse un proceso de concorrencia competitiva no que terán preferencia as persoas desempregadas, pensionistas, e con menor capacidade adquisitiva, así como aquelas persoas que teñan ao seu cargo algún integrante da unidade familiar con discapacidade psíquica e/ou física que o incapacite para o traballo, persoas en risco de exclusión social ou maiores de 65 anos.

Conforme aos criterios de valoración formarase unha listaxe provisional de persoas adxudicatarias cos puntos acadados por cada unha delas que se exporá ao público a través do Taboleiro de Anuncios e da páxina web do Concello polo prazo de dez días naturais nos que as persoas interesadas poderán presentar reclamacións en caso de disconformidade coa valoración realizada.

 Rematado o prazo anterior, e resoltas, se é o caso, as reclamacións recibidas, ditarase resolución definitiva coa adxudicación das distintas parcelas ás persoas beneficiarias que resulten da baremación anterior. As autorizacións que habiliten para a ocupación e uso do dominio público sobre o que se asentan os hortos urbanos serán persoais e temporais, polo prazo de dous anos vexetativos.

 O modelo de solicitude e toda a información e requisitos para participar na convocatoria atópanse en: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/hortos-urbanos

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com