Aberto o prazo do concurso para o deseño do cartel do San Froilán 2016. A Concelleira de Cultura Carmen Basadre, deu a coñecer este martes as bases do concurso de deseño gráfico para elexir o cartel do San Froilán Miúdo e do San Froilán Miúdo 2016, que terá lugar do 4 ao 12 de outubro.
Poderán concorrer cantos autores o desexen, con traballos de técnica libre, presentando cada un cantas obras considere oportunas, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais.
Tal e como anunciou a edil, “os deseños contribuirán a ensalzar a cidade de Lugo e as súas festas patronais, así como a nosa cidade no seu conxunto”.
Carmen Basadre subliñou os aspectos obrigatorios a figurar nos carteis: Lugo, San Froilán 2016, Festa de Interese Turístico Galego e Fiesta de Interés Turístico Nacional, así como as datas de celebración, do 4 ao 12 de outubro, e a imaxe corporativa do Concello.