Aberto o prazo das axudas deportivas para os clubs lucenses de 1ª e 2ª División

A Deputación abriu hoxe o prazo de solicitude das subvencións de 470.000 euros para os clubs deportivos da provincia de Lugo que participan en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de Primeira ou Segunda categoría absoluta estatal, e que non sexan Sociedades Anónimas Deportivas.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro día 14 de setembro, inclusive. Poden concorrer ás mesmas o Burela FS Pescados Rubén, o Prone Lugo FS, o CB Durán Maquinaria Ensino, o CV Emevé e o Perruquería Mixta Friol. O Goberno da Deputación decidiu ofrecer aos clubs beneficiados un anticipo da axuda do 80% para que poidan preparar a tempada con garantías.

Novos criterios

As bases que rexen a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, publicadas no BOP de onte, incorporan novos criterios á hora de conceder as axudas. Deste xeito, para concretar a contía da subvención introdúcense algunhas pautas como os anos de historia do club. Tamén se valora a actividade social que desenvolve na provincia, co fin de ir máis aló do estritamente deportivo. Outro dos puntos fortes ten que ver co apoio ao deporte de base, o que supón unha petición expresa dos propios clubs, premiando ás entidades que fomenten o deporte entre os máis pequenos.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com