O prazo para solicitar as axudas para deportistas individuais da Deputación xa se atopa aberto, logo da publicación das bases no BOP onte, sábado.Todos os deportistas federados interesados teñen ata o luns 1 de abril para presentar as súas solicitudes. Toda a información e requisitos, así como a documentación necesaria atópase na páxina web da Deputación.
Na súa concesión, teranse en conta aspectos como os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais, así mesmo valóranse a integración grazas as bolsas dedicadas integramente a deportistas con capacidades diferentes.