Aberto o prazo de inscrición para as actividades infantís de Verán nos Centros de Convivencia

O Concello de Lugo vén de abrir o prazo de inscrición para as actividades infantís de Verán nos Centros de Convivencia. A inscrición debe facerse ata o mércores, 13 de xuño, no propio centro no que se queira realizar a actividade, agás no centro da Milagrosa, no que tamén se cursarán as inscricións correspondentes ao María Balteira. Hai dispoñibles entre 12 e 25 prazas por quincena, en función do centro.

A programación, coa que a entidade local trata de ofrecer alternativas lúdicas e de lecer saudable, ao tempo que se axuda á conciliación da vida familiar e laboral dos lugueses; inclúe diferentes xogos e propostas lúdico-educativas para nenas e nenos de entre 3 e 11 anos, nos centros de convivencia Uxío Novoneyra, Fingoi, María Balteira, Lamas de Prado, Milagrosa e Maruja Mallo; que poden trasladarse ao exterior, tales como xogos cooperativos, traballos manuais, psicomotricidade, educacación ambiental e xogos musicais, entre outros.

Para este verán, ademáis, o Concello ten outra programación de animación sociocultural organizada. Concretamente, no aire libre, e dirixida a toda a poboación, ofrece diversas actividades física, que terán lugar os luns e mércores, no Parque de Rosalía de Castro, e os martes e xoves na Praza de Augas Férreas, das 11:00 ás 12:00 horas. Para estas alternativas gratuítas, non é precisa inscrición previa.

Por segundo ano consecutivo, a programación inclúe un obradoiro de reparación de bicicletas, que acollerá o Mercado Municipal os martes do mes de xullo, das 17:00 ás 18:30 horas. Tampouco é precisa inscrición.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com